Práctica 5: “EL GRAN HERMANO, VIGILANDO AL MUNDO”. SEGURIDAD, PRIVACIDAD E INTERNET

Seguridad, privacidad e Internet

Anuncios

2 comentarios en “Práctica 5: “EL GRAN HERMANO, VIGILANDO AL MUNDO”. SEGURIDAD, PRIVACIDAD E INTERNET

  1. O traballo documental, tal como se intentou explicar nas clases teóricas, presenta as seguintes fases:
    – Identificación e delimitación da necesidade informativa. Precisar os obxectivos da busca e formular con precisión a cuestión. Enumeración de asuntos clave.
    – Identificación das posibles fontes, recursos, etcétera
    – Definición das estratexias de busca de acordo cos sistemas ou fontes que se van a usar
    – Avaliación e selección das fontes e as referencias obtidas
    – Utilización dos contidos de forma rigorosa, fiable e de calidade
    Ao que hai que sumar:
    A importancia da estrutura organizativa e a forma de redactar o contido; e, por suposto, a correcta mención das fontes utilizadas e das citas.
    “Se trata de lograr la mejor información a través de una investigación para ofrecerla al usuario y para que este, a su vez, obtenga un rendimiento con los datos aportados por el documentalista [ou polo autor, polo investigador, polo xornalista]” (Marcos Recio, 2003).
    “Cualquier proceso de comunicación […] necesita disponer de variados, amplios e interesantes datos que se obtendrán mediante una investigación o manejando fuentes documentales” (o. cit.)
    Marcos Recio, Juan Carlos. “Estrategias documentales en agencias de publicidad”. BiD, desembre 2003.
    No texto CITAS_trabajo_14, remátase con:
    • Usar fontes orixinais ou de primeira mán: SEMPRE
    • Cortar e pegar / plaxio: NUNCA
    • Remisión as fontes utilizadas: SEMPRE
    • Referenciar as fontes CORRECTAMENTE. E organizalas ALFABÉTICAMENTE.

  2. En xeral, está ben o traballo. Os expertos aparecen ordenados alfabeticamente, hai datos complementarios; eso sí, nuns máis que noutros e nalgúns casos, nada, e no caso reportaxe, non sabemos cal é o seu punto de vista. Hai algunhas Urls que non entendo: unha vai a unha páxina de negocios de estados unidos, e non funciona; no caso de Reitman, non entendo a segunda URL. Pero hai algunhas cousas que xa deberiamos manexar de forma automática. Citas: de xornais, de Clapper, Obama, Ellison ou Cameron, non se sabe onde e cando falaron. Hai que citar correctamente as fontes que usamos. O de dos apelidos non se alfabetiza, é dicir, o de iría co nome non cos apelidos. Hai que ser moi coidadaso con estos asuntos. ¿por qué no mapa conceptual aparece Verizon, cando no traballo non se fala desa empresa? Estades facendo xornalismo e tendes que ser moi, moi coidadosos cos datos, rigorosos; coas citas, exactas; coas fontes, fiables e de primeira mán, así como hai que mencionar as fontes que se usen. Prestando atención a estes aspectos e a unha redacción organizada e creativa, os vosos traballos terán calidade.
    A nota é un 8,5

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s